miércoles, 30 de diciembre de 2009

lunes, 28 de diciembre de 2009

miércoles, 23 de diciembre de 2009

O cartel do curso de Flash


A versión en cor é moito máis visual, sen embargo, a maioría dos carteis colgados na facultade son en branco e negro. Nesta versión engádese o horario e os días do curso, algo que moi importante que se obvia no cartel a cor. Aínda así deberíase utilizar algún recurso feito mediante flash para atraer á xente e que amosase o que se pode chegar a facer co programa e o curso. Neste senso, os fotogramas e as funcións que se poden ver de fondo falan xa un pouco sobre o que é cada taller.

Tamén sería unha boa opción, facer outro tipo de deseño para o flyer que se repartiu a man entre os alumnos da Facultade. Non é o mesmo un deseño para un cartel publicitario que o que busca é captar a atención do viandante mediante un deseño moi chamativo e cos datos básicos, que un deseño para un folleto. O flyer non debería ser unha copia do cartel, senón que debería achegar máis información sobre o temario e o nivel de coñecementos que se requiren para o curso. Incluso sería boa idea facer un díptico co fin de tratar de convencer ós interesados xa que o curso ten un prezo elevado para os universitarios. Ademais, estaría ben achegar unha páxina web sobre o curso ou ben a dirección da páxina nbek que pode servir para que os posibles alumnos poidan facerse unha idea dos resultados tralo curso.

viernes, 11 de diciembre de 2009

O DESEMPREGO EN ESPAÑA NOS ÚLTIMOS NOVE ANOS

A TAXA DO PARO

¿Lémbranse cando, xusto antes do ano 2.000, corrían rumores presaxiando a fin do mundo? E, de súbito, o reloxo do 31 de decembro chegaba ás doce, e pasabamos ó ano 2.000, e, se non numerásemos o tempo, para nós sería un ano máis. Pois ben, o que si foi bastante alarmante durante ese ano foi a taxa do paro en España, que alcanzaba unha porcentaxe realmente preocupante.





Con este gráfico pretendo mostra-la tendencia da taxa de desemprego, que se disparou no último ano considerablemente. Escollín un gráfico de barras porque me parece que é dos que mellor ilustran a diferenza entre os valores dun ano e os doutro, podendo a simple vista ver se nun ano é maior a taxa, e máis ou menos, a ollo, adiviñar se hai moita ou pouca diferenza entre as distintas porcentaxes.

Marta M.

lunes, 7 de diciembre de 2009





Esta é a miña proposta de gráfico sobre o paro no 3º trismestre do ano. Sinalei os datos das Comunidades Autónomas para comparar mellor.

DIANA MANDIÁ

martes, 1 de diciembre de 2009

Outra proposta para a crise económica


Escollín este tipo de gráfico porque establece unha comparación entre os distintos datos que temos. Ademais, dunha maneira simple e directa, resulta fácil de interpretar para o lector. Utilicei as cores vermellas para os PIB negativos xa que é unha asociación asimilada polos lectores e os tonos azulados destacan no gráfico por ser a cor representativa da Unión Europea e no mapa de fondo sinala os países da Zona Euro para dar un enfoque máis diferenciador ós datos da Zona Euro a diferenza dos da Europa dos 27.
Ángeles Capeáns

lunes, 30 de noviembre de 2009

Outra proposta..un boceto artesanal


A idea que quero demostrar co gráfico é que, de momento, España e o Reino Unido seguen decrecendo económicamente segundo o Índice de Produción Industrial. Pareceume un xeito bastante explícito de ver a diferencia que hai entre, por exemplo, Francia, e España, país no que a variación negativa do Índice de Produción Industrial entre xaneiro do ano 2.009 e agosto do mesmo ano foi máis do dobre que, en termos absolutos, a positiva en Francia.

Tamén quería mostrar como os datos positivos móvense nunhas cifras moi similares, e como a media da variación no período analizado da Eurozona é moi similar á variación en Alemaña.

Todo isto en países dos máis próximos a España na Unión Europea. Calquera similitude co gráfico de Rocío é casualidade, pero a verdade, o xa dito, que me parece un xeito sinxelo e gráfico de compara-la variación entre países.

Marta M.

Gráfico sobre a crise económica

Outra proposta para explicar a evolución positiva ou negativa do PIB das principais potencias europeas.




Rocío Balsa.

domingo, 29 de noviembre de 2009

Proposta de infográfico sobre os datos do paro


Esta é a miña proposta para o infográfico sobre os datos do paro. É un boceto feito en Illustrator pero a miña idea sería facelo interactivo. Deste xeito, ó pasar o punteiro por cada columna aparecerían os datos de paro de cada sexo e de cada ano desglosados por formación académica a través dun gráfico de tarta.

Ángeles Capeáns Verde

A inmigración nos Estados Unidos

www.nytimes.com/interactive/2009/03/10/us/20090310-immigration-explorer.html

Este gráfico interactivo do NYT permite coñecer o número de inmigrantes en relación co total de habitantes en cada estado. Tamén indica mediante cores a procedencia. Soprendeume porque é bastante claro e á vez ten detrás de si un traballo de moitas horas. Se cadra algún día faremos cousas parecidas!
DIANA MANDIÁ

A evolución do PIB nos países da UE


Esta é a miña proposta para o infográfico proposto por Xaquín. Quixen facer algo sinxelo porque penso que parte do valor dun gráfico é que se entenda facilmente. Moitas veces vemos nos xornais "obras mestras" en canto á estética pero que á hora de interpretar non o son tanto, porque conteñen moitos datos ou están presentados dunha forma pouco práctica para a lectura.
Busquei os datos do PIB - en concreto, a súa evolución en porcentaxes no terceiro semestre do ano- dos países da UEe e por cores sinalei se era positiva ou negativa (FONTE: Eurostat)
DIANA MANDIÁ

Votos e infografía



www.infografistas.blogspot.com/2009/03/los-graficos-de-las-elecciones-gallegas.html





Neste blog podedes ver as infografías dos medios galegos durante as eleccións de marzo.

A min chamoume particularmente a atención unha publicada polo Diario de Pontevedra na que se pode ver cales son as cidades e vilas máis visitadas polos políticos durante as campañas electorais.


DIANA MANDIÁ

sábado, 28 de noviembre de 2009

Infográficos sobre el paro

-Las paradas menores de 25 años y sin estudios superiores son las más afectadas por la tasa del paro
-El sector de los doctorados es el menos golpeado por el paro en este tercer trimestre del 2009






Fuente: Instituto Nacional de Estadística



Carolina Chávez

Infográfico sobre el jamón


Os dejo el enlace de la reseña que hicimos sobre esta práctica en su momento:
Cortadores profesionais de xamón

jueves, 26 de noviembre de 2009

Infografía de divulgación

A infografía ó ser un recurso que facilita a aprehensión dos coñecementos no público, sempre foi unha técnica moi eficaz na transmisión do saber científico e técnico. Foi así como as enciclopedias e os manuais escolares incluíron progresivamente representacións icónicas para completar o texto. E se ben as revistas de divulgación son a principal canle de difusión destes saberes, os diarios tamén se converteron nunha canle ocasional.
Un dos exemplos de infografía divulgativa é o seguinte gráfico quitado dunha reportaxe do descoñecido mundo das medusas feito por Muy Interesante para a súa edición on line. A través das imaxes pódese apreciar unha coidada combinación de cores, unha complicada elaboración pero cun deseño simple capaz de ser asimilado con rapidez. Os gráficos aportan unha información esencial que non se podería explicar só a través de texto, como é o caso da anatomía da medusa.

Óptase por un infográfico dinámico xa que é a mellor maneira de recoller o movemento da medusa e a forma de ataque. Así mismo, a infografía compónse dun mapa no que se poden ver as plagas e os tipos de medusas.

Para ver o infográfico completo podedes visitar o seguinte enlace: http://www.muyinteresante.es/medusas/aguamalas.html

Espero que sexa do voso interese

Ángeles

Un pesadelo que non o foi tanto: o Flash

Debo recoñecer que me acheguei á infografía sabendo pouco máis que elaborar unha deficinión de diccionario sobre ela. Que me acheguei ao Flash sabendo o “xenial” (acotación, ironía) que se me daban os programas informáticos. Pero, según din, os retos son o salgado e o doce da vida.


No tempo que levamos traballando con Fran e o co Flash, e por suposto no tempo que levamos tomando contacto coa infografía, aprendimos que detrás dun simple gráfico dun xornal hai unha chea de traballo e sobre todo de paciencia. E detrás dun infográfico animado dun xornal dixital hai PACIENCIA, con letras maiúsculas.

Démonos conta de que un periodista tamén pode ser infografista, de que a infografía é unha ferramenta máis da que dispoñemos os profesionais da comunicación para facernos entender. Pero sobre todo, experimentamos a cantidade de horas e de esforzo que hai que adicar para manexar un programa tan complexo como é o Flash.


Aínda así, e grazas a infinita axuda de Fran, fomos capaces de construír un motor no que tódalas súas partes cobraban movemento. Así, logramos explicar visualmente o proceso da combustión.


O noso non se parece moito ao está aquí abaixo, pero para min, non ten nada que envexarlle.



Rocío Balsa

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Fran y el Flash

Todos sabemos que el Flash es un programa pensado para hacer animaciones, y lo sabíamos antes de que Fran (que tuvo la paciencia de enseñarnos hasta ahora sus entresijos) nos explicara cada uno de los pasos que teníamos que seguir para llegar a hacer un motor. Pero no teníamos en la cabeza que fuese tan complicado ni que a algunos nos fuese a costar tanto.




La realización de un motor que se moviera, que tuviera color y que pareciese de verdad. Que, además, tuviese sus partes señaladas y que no nos diera ningún error cuando pulsábamos Ctrl+Enter. Fue nuestro gran proyecto, que vimos finalizado (con MUCHA ayuda de Fran) hoy. Después de lo "tocanarices" que fuimos con él, hoy, al despedirse, dijo que lo había pasado bien enseñándonos. Y es que cada clase era como un caos (dentro del órden, claro).

-¿Todos me seguís?
Tres o cuatro manos se levantaban y él contestaba:
-Bueno, a ver qué os pasó ahora.

De ahí a cinco minutos retomaba la explicación.
-Cread un fotograma clave en la capa 53.
-Haced que se convierta en un objeto.

-Desagrupad lo que habéis agrupado antes.

-Distribuid en capas, ya sabéis "Ctrl-Mayúsculas+D".

-Haced una interpolación de forma entre los dos fotogramas, pero no una interpolación de movimiento.
[...]

-¿Puedes repetir?
-¿Desde dónde?

-Desde el principio
(caras vergonzosas)
-Venga, Ctrl+Z * Ctrl+Z * Ctrl+Z * Ctrl+Z * Ctrl+Z * Ctrl+Z

Después Marita decía...
-Fran, son las 12 ya.
Y él contestaba:
-¿Ya? Pero si me quedan mogollón de cosas por explicar! UFFF!



Esto se puede resumir en una paciencia infinita. Y lo que sorprende es que después de todo nos diga que se lo ha pasado bien dándonos clase. Porque le gusta su trabajo y se le da bien. Y aunque nosotros fuésemos un poco "torpes" y no siguiésemos todos los pasos que él intentaba que dieramos, ahora toca empezar a caminar solos hacia ese infográfico que nos espera.


Por todo lo que nos enseñó y lo que tenía pensado enseñarnos y no le dio tiempo, desde Le Chat Noir le damos las GRACIAS enormemente.




Carolina.

Mano a mano con los editores gráficos

Hemos encontrado las bitácoras de Chiqui Esteban, [Director de Nuevas Narrativas / lainformacion.com. Consultor de Infografía/InnovAtion Media Consulting]

Sus direcciones son:

Infographic News

Infografistas

En ellas plantea temas de actualidad, además de añadir artículos de actualidad en el campo de la infografía periodística y subir infográficos que pueden resultar interesantes para la asignatura.
Si pinchais aquí podréis ver una lista de algunos de los editores gráficos que tienen cuenta en Twitter y que podéis acceder a sus perfiles sin tener que hacer una cuenta. Con ello, podréis ver las páginas sobre infografía y los artículos que ellos postean.


Además, si queremos empezar por el principio, os dejamos un enlace en el que Chiqui Esteban explica qué es la infografía.

¿Qué es eso de la infografía?




Aprovechad los enlaces.

Le Chat Noir.

Infografía da memoria histórica


O pasado 9 de novembro conmemoráronse os vinte anos da caída do muro de Berlín, na miña navegación diaria por internet atopei un infográfico sobre o tema que me chamou a atención e que aproveito para compartir con todos os que nos visitades. A historia do muro de Berlín representada nun elaborado infográfico interactivo publicado na páxina web da televisión pública local vasca. Chamoume a atención polas complicadas escenas e por ser unha boa demostración dos límites que se poden alcanzar traballando con Flash.




Podedes ver esta infografía completa e outras máis no seguinte enlace:

http://www.eitb.com/infografias/

Tamén en La Vanguardia puidemos ver este outro infográfico estático, moi elaborado e que dende o meu punto de vista é un exemplo de aporte informativo e de utilización das novas ferramentas informáticas.

Ángeles Capeáns

Mapas en Infografía

Recuerdo que el 4 de noviembre del año pasado (día 5 de noviembre ya en España), sobre las 2 de la madrugada, seguíamos despiertos esperando que se nombrara un nuevo presidente en Estados Unidos.

Cada dos minutos actualizábamos la página web de periódicos como The New York Times para ir siguiendo el recuento de votos, aunque hasta las 5 o 6 de la mañana en España no sabríamos los resultados provisionales porque los colegios electorales aún no se habían cerrado.

Ahora, reflexionando sobre aquellos gráficos que el website de este periódico actualizaba casi cada minuto, me imagino a los periodistas corriendo de un lado a otro, con decenas de teléfonos sonando desde las distintas ciudades e intentando recopilar toda la información para meterla en aquel pequeño mapa dividido en estados.

El resultado final fue algo como esto:



Un mapa, acompañado de tantos datos, que necesitaríamos páginas y páginas para explicarlo. Se trata de un trabajo arduo en el que la sintetización y la visualización de los datos tiene que hacerse lo más clara posible, porque aunque parezca que es fácil de llevar a cabo, se trata de un infográfico con muchas horas de preparación.

Sin embargo, me pregunto en qué otras situaciones se puede utilizar como infográfico un mapa acompañado de datos para que éste no resulte aburrido y los datos sean realmente informativos. En la charla que nos ofreció Xaquín daba a entender que los mapas estaban bastante utilizados ya en la prensa y que lo que había que intentar destacar eran los datos y no el infográfico en si. Estoy de acuerdo, pero creo que en muchos periódicos tampoco hay una intención de desarraigar esta costumbre de acudir a representaciones geográficas para explicar otros datos.

Un ejemplo de otro de los usos que se hace de los mapas en los periódicos es el siguiente:




Además, en algunas ocasiones, este tipo de infográficos se utilizan como elementos secundarios, que realmente la noticia no los necesita, mientras otras veces son necesarios y no se incluyen en las páginas de los periódicos, ya sea por falta de infografistas o por descuido de los mismos redactores a la hora de publicar la información.




Espero que os haya servido de algo mi pequeña reflexión.



Carolina.

Infografía en movemento VS Infografía estática

Os infográficos están evolucionando á velocidade que evolucionan as tecnoloxías. Ata fai uns anos, os infografistas estaban creando infográficos estáticos, innovando coas formas, os tipos, as cores… pero estáticos. Na última década coa proliferación dos xornais dixitais e con tódalas posibilidades que ofrece a web como soporte da información, os profesionais da infografía e da comunicación víronse na obriga de crear un novo tipo de infografía, en movemento.

Os gráficos, mapas, diagramas xogan con elementos móviles que aparecen e desaparecen interactuando co usuario. Moitas veces acábanse convertindo nun “xogo” no que a diversión, a comprensión rápida, o dinamismo e a información acaban converxendo.






http://www.nytimes.com/interactive/2008/02/23/movies/20080223_REVENUE_GRAPHIC.html


E cabe resaltar que para que exista diversión, dinamismo e por suposto información non son necesarias nin a web nin o movemento. Paralelamente a esa evolución da infografía con movemento, levouse a cabo un desenvolvemento espectacular da infografía estática que nada ten que envexar á que incorpora movementos. Algúns exemplos, os que presentados a continuación.


(The New York Times, USA)

(Clarín, Argentina)

(El Mundo, España)

(Berliner Margenpost, Alemania)


Rocío Balsa

Xaquín, a infografía en The New York Times

A semana pasada tivemos a posibilidade de falar con Xaquín, un infografista que estudou periodismo en Compostela e que agora está traballando en The New York Times como Editor de Gráficos. Despois dunha serie de problemas técnicos, como o propio Xaquín ben explica no seu blogue www.xocas.com, a conferencia con New York puido iniciarse sen máis percances.
Non só foi unha charla interesante, divertida e amena. Foi moito máis porque serviu para que a maioría de nós nos decatásemos de que a labor do xornalista e os campos nos que este se pode mover chegan moito máis alá da radio, a televisión ou o xornal en papel.



Os infográficos son un instrumento máis a través do cal informar á audiencia. Na actualidade existe o pensamento xeral de que un infográfico debe complementar unha información ou presentala de maneira máis amena e comprensible. De feito, atendendo aos xornais ou á televisión, primeiro formúlase a información redactada e despois é cando se presenta o infográfico.
Porén, sobre todo nos xornais dixitais, estase dando cada vez máis a tendencia de crear espazos adicados unicamente á publicación de infográficos. Ben é certo que estes están relacionados con algunha noticia redactada previamente.



De Xaquín pódese dicir que é un home, senón con moita, con bastante paciencia.

<< “¿Escuchas?” “¿Xaquín?” “Marita, en este ordenador no se le oye” “Yo no me oigo a mí misma, ¿tú te oyes?” “Bfff bff cling, yo oigo, bffff cling, pero, bffff, con interferencias” “No habléis todos a la vez, sed ordenados, que si no él no os oye” “Yo sí que lo oigo” Clunk! Se desconecta la llamada. (www.xocas.com)

Que estivo disposto a charlar cuns estudantes de 4º de Xornalismo a unha hora á que non accedería calquera: 9:50 a.m.

<< El miércoles a las 9:50 de la mañana, diez minutos antes de lo programado, Marita Otero, profesora de Infografía en la Facultad de Comunicación de la Universidad de Santiago de Compostela, me llama a través de SkyPe. (www.xocas.com)

Un profesional que nos ensinou que os tres pasos dun bo infografista son, en primeiro lugar, a recopilación de datos, despois a escolla da visualización (que depende dos datos) e finalmente a interacción, a través da que se define o acceso dos usuarios aos datos. O mesmo que botou por terra a preconcepción de que un infográfico debía buscar ser atractivo para o usuario.

<< Una alumna comentó si en lugar de un gráfico de barras no se podía hacer algo más atractivo, un mapa, por ejemplo. Mi mujer diría: “Un mapa ¿Otra vez? ¡Qué coñazo!”. Si no es en 3D ya no le pone. Otro preguntó si la cuestión no era convertir los datos en algo más interesante, en lugar de hacer la presentación más atractiva ¡Bingo!>> (www.xocas.com)




Pero, Xaquín, hai que recoñecer que no teu infográfico lograches convinar os dous factores á perfección: interesante e atractivo. Se o queredes ver, tan só tedes que ir a www.xocas.com


Rocío Balsa

Nueva herramienta en nuestro blog


Twitter es un servicio gratuito de microblogging que permite a sus usuarios enviar micro-entradas basadas en texto, denominadas "tweets", de una longitud máxima de 140 caracteres.

Decidimos incorporar esta herramienta a nuestro blogger, ya que, a través de ella, podremos ir enviando enlaces interesantes sobre webs relacionadas con infografía que vayamos encontrando. El primer módulo de la derecha, bajo el epígrafe “Nuestras últimas noticias en Twitter” mostrará las micro-entradas que vayamos haciendo a lo largo de la semana.

Si queréis comentar alguna de ellas, podéis dejarnos un comentario, además de sugerir ideas. Os animamos a que utilicéis esta herramienta, en la que podéis encontrar perfiles interesantes de otros infografistas y periódicos internacionales.


Carolina

jueves, 19 de noviembre de 2009

Infografia de expertos

Saín da facultade pensando nas palabras de Xaquín González, infografista en, nada mais nin nada menos, que The New York Times, de que para triunfar no xornalismo, hoxe en dia, o teriamos mais doado se tirabamos cara a infografia ou a multimedia. A verdade e que e curioso todo o que se pode transmitir con un gráfico. E sobre todo, ademais de darlle ritmo a información, pódese explicar moito mellor certas cousas, sobre todo, quizais, datos.

Dixo o infografista que para facer un bo traballo e necesario levar a cabo fundamentalmente 3 pasos.

O primeiro son os datos. Hai que recoller os datos, incluso ir mais alá dos que nos proporcionan para darlle un toque de exclusividade ao noso traballo. Sempre temos que poder responder a unha pregunta. É moi importante facer un esbozo antes, estrutura-lo traballo, a idea que queremos proxectar.



O segundo é a visualización. Como imos facer para que a idea que xa esbozamos e completamos con datos, se poida visualizar, preferiblemente, de xeito distinto a como o farán na competencia. Temos que buscar un xeito de ser claros, e orixinais. Transmitir unha noticia é mais que so traslada-lo texto a unhas barras ou un diagrama. Hai que buscar o mellor xeito de informar graficamente.



E por ultimo paso é a interactividade, intentar fomentar que o lector participe da infografia, e, se é posible, poida serlle útil a nivel persoal.



Sen dúbida, os tres exemplos tomados dos que nos facilitou o infografista, son bastante prácticos. Particularmente chamoume a atención o esta ilustración, xa que o tema do aluguer ou compra da vivenda é un tema cotiá, unha das grandes preocupacións de moita xente hoxe, e que poucas veces se comprenden as vantaxes de elixir un ou outro método. Esta infografia permite coñecer se coas condicións económicas do lector, convén optar por arrendar unha casa, ou por mercala.

Aínda estamos no comezo do camiño para chegar a facer grandes infografias coma as de Xaquín González no New York Times, pero o que si podemos facer e ir xa aplicando as bases que explicou e intentar buscar ideas innovadoras.


Marta M.

sábado, 14 de noviembre de 2009

Os infográficos dun maníaco-obsesivo


Os infográficos forman parte xa da nosa vida cotiá. Estamos acostumados a velos nos medios de comunicación, no xornal, tanto na súa edición impresa como na dixital, e na televisión. E polo tanto non é de extrañar que formen parte tamén do cinema. Más extraño que la ficción é un filme que presenta dúas liñas narrativas básicas. É unha historia dentro doutra historia, que segundo se vai desenrolando o argumento o espectador vaise dando conta de que son dúas liñas que están directamente conectadas. É máis, a segunda liña narrativa ( a que ten que ver cun dos personaxes protagonistas, Harold) depende directamente da primeira (na que a escritora Karen Eiffel vai construindo unha novela cuxo protagonista é precisamente Harold).
Os detalles, as pequenas ou máis ben grandes manías de Harold ocupan un lugar moi importante dentro do filme. Esa rutina chea de manías é a excusa do protagonista para sentirse seguro dentro desa burbulla de monotonía que ao principio era a súa vida. Harold comenzaba tódalas mañás cepillándose os seus 32 dentes 76 veces. 38 dun lado cara o outro, 38 de arriba cara abaixo. Atándose a gravata cun só lazo aforrándo así ata 43 segundos. Cada día laborable, corría á velocidade de 57 pasos por mazá recorrendo 6 mazás para coller o autobús das 8:57 case polos pelos. E poderíamos seguir así un bo anaco. Todos estes pequenos detalles formados a base de convinacións numéricas pasarían facilmente desapercibidas para o espectador de non ser polo apoio dos infográficos que se incorporan a cada plano. Ademais da función clarificadora ou exemplificadora dos datos, estes infográficos logran que a persoa que está observando o filme comprenda perfectamente o carácter maniático-obsevivo do protagonista.

A medida que a personalidade de Harold vai evolucionando cara outra menos temerosa dos cambios e das incertidumes tamén van sendo necesarios menos infográficos.
Unha decisión moi acertada a de incluír a infografía xa que, neste caso, está perfectamente xustificada. Porén, hai que recoñecer que no campo do cinema, non son o elemento máis habitual.


Rocío Balsa

martes, 3 de noviembre de 2009

Nesta páxina aparecen algúns dos mellores infográficos de 2008.

http://infografistas.blogspot.com/2009/03/los-mejores-graficos-de-2008-resultados.html

Cortadores profesionais de xamón


A clase do 13/10/09 na que tivemos que analizar e facer un infográfico relacionado coa noticia sobre o concurso de cortadores de xamón serviu para que a través de debates aprendéramos a función, precisamente, dun infográfico. Considero que a esa noticia, contando só coa información que nela se nos daba, non sería necesario reforzala cun infográfico. De feito, a propia nova xa contaba cun apartado lateral onde xa se ampliaban datos de interese, para os que tampouco serían necesarios en principio infográficos porque eran de moi sinxela comprensión.
Porén, o infográfico polo que o xornal obtou si estaba acertado. Nel aumentábase a información complementando a da noticia. Así, todos os que vimos o infográfico rapidamente soubemos como se chamaban as distintas partes dun xamón e os movementos exactos que o coitelo ten que seguir para conseguir cortar a loncha perfecta.

Rocío Balsa

Que é un infográfico?

Un infográfico é un reforzo a unha información. Ben ampliando datos que son de interese, ben facendo máis sinxelos aqueles datos xa tratados pero que poden resultar de difícil comprensión para o lector. Pero, hai que ter moit presente que o infográfico nunca debe competir co artículo.

O concepto de infografía naceu coa aparición do diario norteamericano USA Today e dende esa data os infográficos revolucionaron o diseño periodístico e editorial. A infografía está estreitamente relacionada co xornalismo, por iso o infografista debe traballar con mentalidade periodística.

Richard Curtis, director de fotografía e diseño, afirma que os infográficos establecen a diferenza entre un o outro periódico. Os lectores cada día len menos, ollean as páxinas dun diario e quédanse co que máis destaca: os titulares, as viñetas e por suposto os infográficos. Por iso, é moi importante que estes teñan unha presenza significativa no xornal. Peggie Stark, do Poynter Institute for Media Studies de St. Petersburg, Florida, define aos infográficos como unha combinación de palabras e elementos visuais que explican os acontecementos descritos nun artículo e sitúan a historia ou aos seus protagonistas nun contexto determinado. O infográfico consigue ampliar e facer moito máis atractiva e clara a información.

Os ingráficos teñen máis valor que encher un oco por falta de ilustración. Dentro dos infográficos distinguimos entre gráficos, mapas, tablas e diagramas. Por iso, a hora de escoller o tipo de infográfico que máis nos convén hai que ter en conta a información que queremos transmitir. Deste modo, un gráfico é moi útil cando o artículo presenta información numérica provocando que o lector se perda nas cifras ao ler a historia. Igualmente resulta moito máis axeitado colocar un mapa, por exemplo, que estar describindo con palabras a ubicación dun lugar.

Premendo nesta páxina web pódese ver un exemplo de infográfico interactivo que explica datos claves dos atentados do 11-M en Madrid. Nel convínanse imaxes creadas, reais, cifras e por suposto frases explicativas.


http://www.elmundo.es/documentos/2004/03/espana/atentados11m/grafico_atentados.html



Rocío Balsa

miércoles, 28 de octubre de 2009

Infografía no cine

“Debemos recordar que todas estas cosas, los detalles, las anomalías, las sutilezas que asumimos sólo como accesorios en nuestros días, están aquí, de hecho, por una causa mayor y más noble. Están aquí para salvar nuestras vidas”

E os detalles son os que cobran importancia neste filme. Estamos acostumados a ver gráficos nas películas, xa sexa nos créditos ou en localizacións temporais ou espaciais. Pero en Más extraño que la ficción, a infografía acompaña ó discurso narrativo aportando un aspecto visual innovador. Unha axuda importante a un guión que se move entre o cómico e o sabor amargo da realidade.

Os gráficos axúdannos a comprender a maniática e complicada mente do protagonista, unha persoa perfeccionista e illada no seu traballo de contable. A través das superposicións gráficas podemos ver o número de pasadas do cepillo de dentes, o número de nós da gravata, os pasos ó traballo ou a cantidade de xabón que queda nos baños públicos. Pero estes gráficos, desaparecen a medida que o protagonista se esquece das súas manías. Son ideas visuais que outorgan unha atmosfera diferente ó filme. Un recurso que pode gustar máis ou menos, pero que dende logo resulta innovador.

Malia estar amplamente recoñecido o traballo realizado no terreo do grafismo televisivo, a creación de gráficos para o cine sempre foi un proceso máis lento. Sen dúbida, estamos ante unha elección arriscada pero que neste caso encaixa perfectamente co argumento e coa filosofía da película.



Ángeles Capeáns Verde

lunes, 26 de octubre de 2009

Más extraño que la ficción





Aunque el título ya sea una alusión directa a lo que la película será, hace falta sumergirse en los entresijos del argumento para enteder cómo la infografía se compenetra en el film. Harold, un hombre soso, sin esperanzas ni metas y que no tiene en cuenta la importancia de la rutina que lleva cada día, presencia como “alguien” –narrador- desvela sus más profundos sentimientos, miedos e incluso, intimidades. Aunque en principio cree que se está volviendo loco, pronto se da cuenta de que debe encontrar a la persona que se mete en su cabeza cada vez que él decide hacer algo que no sea respirar.



Algunos dicen que la rutina es “el hábito de renunciar a pensar” y así queda reflejado en este film. Cuando Harold empieza a darse cuenta de cada uno de los detalles de su rutina, empiezan a cobrar importancia todos ellos. Para hacerlo más explícito al espectador, Marc Forster recurre a representaciones visuales: líneas, cuadros, números... al fin y al cabo, gráficos que ayudan a comprender al personaje.



Tal y como Harold no se da cuenta de cómo la rutina hace que su vida siga en pie, tampoco nosotros nos percatamos de la importancia de la infografía en nuestro día a día. El protagonista, obsesionado con los números, es plasmado a la perfección en el largometraje con números que representan el trayecto que le queda por recorrer, las veces que se cepilla los dientes, e incluso el número de escaleras que sube. Esta obsesión lleva al director a reflexionar acerca de aquellas cosas que están implícitas en nuestra vida y de las que no somos conscientes que pasan.




Carolina Chávez