martes, 3 de noviembre de 2009

Cortadores profesionais de xamón


A clase do 13/10/09 na que tivemos que analizar e facer un infográfico relacionado coa noticia sobre o concurso de cortadores de xamón serviu para que a través de debates aprendéramos a función, precisamente, dun infográfico. Considero que a esa noticia, contando só coa información que nela se nos daba, non sería necesario reforzala cun infográfico. De feito, a propia nova xa contaba cun apartado lateral onde xa se ampliaban datos de interese, para os que tampouco serían necesarios en principio infográficos porque eran de moi sinxela comprensión.
Porén, o infográfico polo que o xornal obtou si estaba acertado. Nel aumentábase a información complementando a da noticia. Así, todos os que vimos o infográfico rapidamente soubemos como se chamaban as distintas partes dun xamón e os movementos exactos que o coitelo ten que seguir para conseguir cortar a loncha perfecta.

Rocío Balsa

No hay comentarios:

Publicar un comentario