jueves, 26 de noviembre de 2009

Infografía de divulgación

A infografía ó ser un recurso que facilita a aprehensión dos coñecementos no público, sempre foi unha técnica moi eficaz na transmisión do saber científico e técnico. Foi así como as enciclopedias e os manuais escolares incluíron progresivamente representacións icónicas para completar o texto. E se ben as revistas de divulgación son a principal canle de difusión destes saberes, os diarios tamén se converteron nunha canle ocasional.
Un dos exemplos de infografía divulgativa é o seguinte gráfico quitado dunha reportaxe do descoñecido mundo das medusas feito por Muy Interesante para a súa edición on line. A través das imaxes pódese apreciar unha coidada combinación de cores, unha complicada elaboración pero cun deseño simple capaz de ser asimilado con rapidez. Os gráficos aportan unha información esencial que non se podería explicar só a través de texto, como é o caso da anatomía da medusa.

Óptase por un infográfico dinámico xa que é a mellor maneira de recoller o movemento da medusa e a forma de ataque. Así mismo, a infografía compónse dun mapa no que se poden ver as plagas e os tipos de medusas.

Para ver o infográfico completo podedes visitar o seguinte enlace: http://www.muyinteresante.es/medusas/aguamalas.html

Espero que sexa do voso interese

Ángeles

No hay comentarios:

Publicar un comentario