martes, 3 de noviembre de 2009

Que é un infográfico?

Un infográfico é un reforzo a unha información. Ben ampliando datos que son de interese, ben facendo máis sinxelos aqueles datos xa tratados pero que poden resultar de difícil comprensión para o lector. Pero, hai que ter moit presente que o infográfico nunca debe competir co artículo.

O concepto de infografía naceu coa aparición do diario norteamericano USA Today e dende esa data os infográficos revolucionaron o diseño periodístico e editorial. A infografía está estreitamente relacionada co xornalismo, por iso o infografista debe traballar con mentalidade periodística.

Richard Curtis, director de fotografía e diseño, afirma que os infográficos establecen a diferenza entre un o outro periódico. Os lectores cada día len menos, ollean as páxinas dun diario e quédanse co que máis destaca: os titulares, as viñetas e por suposto os infográficos. Por iso, é moi importante que estes teñan unha presenza significativa no xornal. Peggie Stark, do Poynter Institute for Media Studies de St. Petersburg, Florida, define aos infográficos como unha combinación de palabras e elementos visuais que explican os acontecementos descritos nun artículo e sitúan a historia ou aos seus protagonistas nun contexto determinado. O infográfico consigue ampliar e facer moito máis atractiva e clara a información.

Os ingráficos teñen máis valor que encher un oco por falta de ilustración. Dentro dos infográficos distinguimos entre gráficos, mapas, tablas e diagramas. Por iso, a hora de escoller o tipo de infográfico que máis nos convén hai que ter en conta a información que queremos transmitir. Deste modo, un gráfico é moi útil cando o artículo presenta información numérica provocando que o lector se perda nas cifras ao ler a historia. Igualmente resulta moito máis axeitado colocar un mapa, por exemplo, que estar describindo con palabras a ubicación dun lugar.

Premendo nesta páxina web pódese ver un exemplo de infográfico interactivo que explica datos claves dos atentados do 11-M en Madrid. Nel convínanse imaxes creadas, reais, cifras e por suposto frases explicativas.


http://www.elmundo.es/documentos/2004/03/espana/atentados11m/grafico_atentados.html



Rocío Balsa

No hay comentarios:

Publicar un comentario