miércoles, 25 de noviembre de 2009

Infografía da memoria histórica


O pasado 9 de novembro conmemoráronse os vinte anos da caída do muro de Berlín, na miña navegación diaria por internet atopei un infográfico sobre o tema que me chamou a atención e que aproveito para compartir con todos os que nos visitades. A historia do muro de Berlín representada nun elaborado infográfico interactivo publicado na páxina web da televisión pública local vasca. Chamoume a atención polas complicadas escenas e por ser unha boa demostración dos límites que se poden alcanzar traballando con Flash.




Podedes ver esta infografía completa e outras máis no seguinte enlace:

http://www.eitb.com/infografias/

Tamén en La Vanguardia puidemos ver este outro infográfico estático, moi elaborado e que dende o meu punto de vista é un exemplo de aporte informativo e de utilización das novas ferramentas informáticas.

Ángeles Capeáns

3 comentarios:

  1. Hola Anke!!
    Interesante entrada. La verdad es que hay personas que realmente son artistas en esta materia. Trabajar con Flash no es nada fácil (ya lo hemos comprobado) y más aún hacer infográficos en movimiento tan complicados.

    Y por cierto, INCREIBLE el infográfico que publicó La Vanguardia! Por lo menos a mí me resultó bastante informativo.

    LeChatPower.

    Carol.

    ResponderEliminar
  2. Xenial! a verdade é que é interesante como cada día máis os distintos temas, neste caso a caída do muro de Berlín, van incorporando máis infográficos!

    Rocío!

    PD: LeChatPower, of course!

    ResponderEliminar
  3. Ata o de agora nunca chegara a pensar na importante función dos infográficos e foi este blog o que o conseguiu. Tras ler as distintas entradas quedei abraiada da ardua labor que se esconde detrás de cada un, coa fin de resumir e informar da maneira máis clara e precisa. A partir de agora, xa non serán só os simples "debuxos" que me axudaban a entender a nova, senón algo máis, un auténtico ámbito de especialización, necesario e interesante, á vez que dificultuoso.

    Sonia Fernández

    ResponderEliminar