sábado, 14 de noviembre de 2009

Os infográficos dun maníaco-obsesivo


Os infográficos forman parte xa da nosa vida cotiá. Estamos acostumados a velos nos medios de comunicación, no xornal, tanto na súa edición impresa como na dixital, e na televisión. E polo tanto non é de extrañar que formen parte tamén do cinema. Más extraño que la ficción é un filme que presenta dúas liñas narrativas básicas. É unha historia dentro doutra historia, que segundo se vai desenrolando o argumento o espectador vaise dando conta de que son dúas liñas que están directamente conectadas. É máis, a segunda liña narrativa ( a que ten que ver cun dos personaxes protagonistas, Harold) depende directamente da primeira (na que a escritora Karen Eiffel vai construindo unha novela cuxo protagonista é precisamente Harold).
Os detalles, as pequenas ou máis ben grandes manías de Harold ocupan un lugar moi importante dentro do filme. Esa rutina chea de manías é a excusa do protagonista para sentirse seguro dentro desa burbulla de monotonía que ao principio era a súa vida. Harold comenzaba tódalas mañás cepillándose os seus 32 dentes 76 veces. 38 dun lado cara o outro, 38 de arriba cara abaixo. Atándose a gravata cun só lazo aforrándo así ata 43 segundos. Cada día laborable, corría á velocidade de 57 pasos por mazá recorrendo 6 mazás para coller o autobús das 8:57 case polos pelos. E poderíamos seguir así un bo anaco. Todos estes pequenos detalles formados a base de convinacións numéricas pasarían facilmente desapercibidas para o espectador de non ser polo apoio dos infográficos que se incorporan a cada plano. Ademais da función clarificadora ou exemplificadora dos datos, estes infográficos logran que a persoa que está observando o filme comprenda perfectamente o carácter maniático-obsevivo do protagonista.

A medida que a personalidade de Harold vai evolucionando cara outra menos temerosa dos cambios e das incertidumes tamén van sendo necesarios menos infográficos.
Unha decisión moi acertada a de incluír a infografía xa que, neste caso, está perfectamente xustificada. Porén, hai que recoñecer que no campo do cinema, non son o elemento máis habitual.


Rocío Balsa

1 comentario:

  1. Revisión dos seguintes artigos:
    Gonzalo Peltzer: Nuevo periodismo y periodismo con futuro (é un pdf que aparece ben, pero non vexo o enderezo)
    Andreu coll Blackwell: Recordando a Raymond Williams,
    http://ddd.uab.cat/pub/enrahonar/0211402
    Xn28p33.pdf
    Pilar Giménez Armentia: Una nueva visión del proceso comunicativo: la teoría del enfoque (framing),
    http://www.ufv.es/docs/comyhom2estudio3.pdf
    Lembrade que se agota o tempo do taller de flash.
    maotlo

    ResponderEliminar