jueves, 19 de noviembre de 2009

Infografia de expertos

Saín da facultade pensando nas palabras de Xaquín González, infografista en, nada mais nin nada menos, que The New York Times, de que para triunfar no xornalismo, hoxe en dia, o teriamos mais doado se tirabamos cara a infografia ou a multimedia. A verdade e que e curioso todo o que se pode transmitir con un gráfico. E sobre todo, ademais de darlle ritmo a información, pódese explicar moito mellor certas cousas, sobre todo, quizais, datos.

Dixo o infografista que para facer un bo traballo e necesario levar a cabo fundamentalmente 3 pasos.

O primeiro son os datos. Hai que recoller os datos, incluso ir mais alá dos que nos proporcionan para darlle un toque de exclusividade ao noso traballo. Sempre temos que poder responder a unha pregunta. É moi importante facer un esbozo antes, estrutura-lo traballo, a idea que queremos proxectar.



O segundo é a visualización. Como imos facer para que a idea que xa esbozamos e completamos con datos, se poida visualizar, preferiblemente, de xeito distinto a como o farán na competencia. Temos que buscar un xeito de ser claros, e orixinais. Transmitir unha noticia é mais que so traslada-lo texto a unhas barras ou un diagrama. Hai que buscar o mellor xeito de informar graficamente.



E por ultimo paso é a interactividade, intentar fomentar que o lector participe da infografia, e, se é posible, poida serlle útil a nivel persoal.



Sen dúbida, os tres exemplos tomados dos que nos facilitou o infografista, son bastante prácticos. Particularmente chamoume a atención o esta ilustración, xa que o tema do aluguer ou compra da vivenda é un tema cotiá, unha das grandes preocupacións de moita xente hoxe, e que poucas veces se comprenden as vantaxes de elixir un ou outro método. Esta infografia permite coñecer se coas condicións económicas do lector, convén optar por arrendar unha casa, ou por mercala.

Aínda estamos no comezo do camiño para chegar a facer grandes infografias coma as de Xaquín González no New York Times, pero o que si podemos facer e ir xa aplicando as bases que explicou e intentar buscar ideas innovadoras.


Marta M.

5 comentarios:

  1. Déixovos o enlace co blog de Xaquín González, no que reflexiona sobre a clase do mércores pasado.
    http://www.xocas.com/blog/?p=513

    DIANA MANDIÁ

    ResponderEliminar
  2. Moi ben Marta e moi ben Diana. Unha porque compartiu as ideas da charla e a outra, porque nos proporcionou o enlace. Pero quero que todas nos comenten a súa popia experiencia da clase. E vencellala coas propostas de traballo que tendes que facer ou coas que xa fixestedes, como a do canon ou a do xamón. E que o que aprendistedes coa charla con Xaquín que o poñades en funcionamento nos traballos infográficos e tamén nos debates teóricos.
    Támén quero que incorporodes enderezos (como sitios interesantes en infografía e deseño) que vaidades usando no traballo vencellado coa materia. Unha lista de espazos que queiades compartir con todos e que nos digades porque son interesantes.
    E por suposto espero que todos e todas participides no blog de Xaquín con ideas, preguntas, suxestións e todo tipo de cuestións que se vos ocurran.
    marotlo

    ResponderEliminar
  3. Cando incorporedes os traballos ós blogs, por favor, fragmentade o texto, dividídeo para que sexa máis manexable.
    Tendes que engadir as conclusións do debate que se mantivo na clase. Lembrade que hai que participar nas bitácoras propias e alleas. Hai que usalas aló menos unha vez por semana e cada un dos membros do grupo. Non son un adorno. Son unha ferramenta de traballo.
    Hai que facer o boceto sobre a crise económica e o boceto sobre o paro. Son as propostas feitas por Xaquín.
    Tamén quero que poñades na bitácora as ideas e cuestións relacionadas coa charla con Xaquín, así como plantexar preguntas, suxestións, dúbidas e que comentedes os bocetos que estades a facer e que manteñades nos blogs o diálogo sobre os debates das clases do martes, que, por certo, son para que asistamos todos e todas.
    A asignatura engloba:
    - revisión rápida dalgúns programas (agás flash)
    - elaboración de bocetos de infografías sobre noticias (ata o de agora levamos, canon, xamón, crise económica, paro)
    - realización dos focetos no ordenador
    - construcción e mantenemento das bitácoras
    - traballo teórico con debate posterior sobre aspectos vencellados co programas.
    E estos puntos son para todos e todas e todas a semanas. Agardo non ter que recurrir ó apuntamento de nomes.
    marotlo

    ResponderEliminar
  4. O primeiro felicitarvos polo blogue. A vós e a todos. Paréceme unha forma xenial de compartir os coñecementos dunha materia dun xeito máis interactivo e a disposición de moita máis xente que aqueles que decidiron cursala. Os infográficos, sen dúbida, son unha parte fundamental no xornalismo actual e máis na prensa, tanto en papel como dixital. Está claro que dende a súa creación a televisión foille comendo terreo ó xornal e este pronto tivo que reaccionar con novos contidos, máis visuais e específicos. Neste senso, os infográficos son básicos. Poderíase dicir que son os fillos avantaxados do xornalismo xa que é o exercicio de síntese maior que hai. Unha morea de datos compactados nun pequeno gran que se ten que entender á perfección. Esta pequena obra de enxeñaría xornalística aínda se complica máis coa interactividade. Complícase máis para o creador do gráfico pero mellora notablemente a información que recibirá a audiencia. Son consciente que se a prensa e os diarios dixitais queren ter un distintivo, teñen nos infográficos a receita perfecta.

    Un saúdo

    R.S.S

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas compañeiro por interesarte polo traballo que facemos neste blog!

    Estes días na clase estivemos aprendendo a utilizar o Flash para facer infográficos e despois disto tamén penso que os infográficos son unha verdadeira obra de enxeñería :)

    Ángeles

    ResponderEliminar