jueves, 26 de noviembre de 2009

Un pesadelo que non o foi tanto: o Flash

Debo recoñecer que me acheguei á infografía sabendo pouco máis que elaborar unha deficinión de diccionario sobre ela. Que me acheguei ao Flash sabendo o “xenial” (acotación, ironía) que se me daban os programas informáticos. Pero, según din, os retos son o salgado e o doce da vida.


No tempo que levamos traballando con Fran e o co Flash, e por suposto no tempo que levamos tomando contacto coa infografía, aprendimos que detrás dun simple gráfico dun xornal hai unha chea de traballo e sobre todo de paciencia. E detrás dun infográfico animado dun xornal dixital hai PACIENCIA, con letras maiúsculas.

Démonos conta de que un periodista tamén pode ser infografista, de que a infografía é unha ferramenta máis da que dispoñemos os profesionais da comunicación para facernos entender. Pero sobre todo, experimentamos a cantidade de horas e de esforzo que hai que adicar para manexar un programa tan complexo como é o Flash.


Aínda así, e grazas a infinita axuda de Fran, fomos capaces de construír un motor no que tódalas súas partes cobraban movemento. Así, logramos explicar visualmente o proceso da combustión.


O noso non se parece moito ao está aquí abaixo, pero para min, non ten nada que envexarlle.



Rocío Balsa

No hay comentarios:

Publicar un comentario