lunes, 30 de noviembre de 2009

Outra proposta..un boceto artesanal


A idea que quero demostrar co gráfico é que, de momento, España e o Reino Unido seguen decrecendo económicamente segundo o Índice de Produción Industrial. Pareceume un xeito bastante explícito de ver a diferencia que hai entre, por exemplo, Francia, e España, país no que a variación negativa do Índice de Produción Industrial entre xaneiro do ano 2.009 e agosto do mesmo ano foi máis do dobre que, en termos absolutos, a positiva en Francia.

Tamén quería mostrar como os datos positivos móvense nunhas cifras moi similares, e como a media da variación no período analizado da Eurozona é moi similar á variación en Alemaña.

Todo isto en países dos máis próximos a España na Unión Europea. Calquera similitude co gráfico de Rocío é casualidade, pero a verdade, o xa dito, que me parece un xeito sinxelo e gráfico de compara-la variación entre países.

Marta M.

No hay comentarios:

Publicar un comentario