miércoles, 25 de noviembre de 2009

Xaquín, a infografía en The New York Times

A semana pasada tivemos a posibilidade de falar con Xaquín, un infografista que estudou periodismo en Compostela e que agora está traballando en The New York Times como Editor de Gráficos. Despois dunha serie de problemas técnicos, como o propio Xaquín ben explica no seu blogue www.xocas.com, a conferencia con New York puido iniciarse sen máis percances.
Non só foi unha charla interesante, divertida e amena. Foi moito máis porque serviu para que a maioría de nós nos decatásemos de que a labor do xornalista e os campos nos que este se pode mover chegan moito máis alá da radio, a televisión ou o xornal en papel.



Os infográficos son un instrumento máis a través do cal informar á audiencia. Na actualidade existe o pensamento xeral de que un infográfico debe complementar unha información ou presentala de maneira máis amena e comprensible. De feito, atendendo aos xornais ou á televisión, primeiro formúlase a información redactada e despois é cando se presenta o infográfico.
Porén, sobre todo nos xornais dixitais, estase dando cada vez máis a tendencia de crear espazos adicados unicamente á publicación de infográficos. Ben é certo que estes están relacionados con algunha noticia redactada previamente.



De Xaquín pódese dicir que é un home, senón con moita, con bastante paciencia.

<< “¿Escuchas?” “¿Xaquín?” “Marita, en este ordenador no se le oye” “Yo no me oigo a mí misma, ¿tú te oyes?” “Bfff bff cling, yo oigo, bffff cling, pero, bffff, con interferencias” “No habléis todos a la vez, sed ordenados, que si no él no os oye” “Yo sí que lo oigo” Clunk! Se desconecta la llamada. (www.xocas.com)

Que estivo disposto a charlar cuns estudantes de 4º de Xornalismo a unha hora á que non accedería calquera: 9:50 a.m.

<< El miércoles a las 9:50 de la mañana, diez minutos antes de lo programado, Marita Otero, profesora de Infografía en la Facultad de Comunicación de la Universidad de Santiago de Compostela, me llama a través de SkyPe. (www.xocas.com)

Un profesional que nos ensinou que os tres pasos dun bo infografista son, en primeiro lugar, a recopilación de datos, despois a escolla da visualización (que depende dos datos) e finalmente a interacción, a través da que se define o acceso dos usuarios aos datos. O mesmo que botou por terra a preconcepción de que un infográfico debía buscar ser atractivo para o usuario.

<< Una alumna comentó si en lugar de un gráfico de barras no se podía hacer algo más atractivo, un mapa, por ejemplo. Mi mujer diría: “Un mapa ¿Otra vez? ¡Qué coñazo!”. Si no es en 3D ya no le pone. Otro preguntó si la cuestión no era convertir los datos en algo más interesante, en lugar de hacer la presentación más atractiva ¡Bingo!>> (www.xocas.com)




Pero, Xaquín, hai que recoñecer que no teu infográfico lograches convinar os dous factores á perfección: interesante e atractivo. Se o queredes ver, tan só tedes que ir a www.xocas.com


Rocío Balsa

1 comentario:

  1. Totalmente de acuerdo, la videoconferencia con Xaquin fue de lo mejor del curso, y a pesar de los problemas técnicos y del caos que se montó, conseguimos entablar una gran clase en la que Xaquin nos dió por un lado las claves para hacer los infográficos, y por otra como conseguir aunar interés visual y relatos periodístico contundente. :)

    ResponderEliminar