O pasado 9 de novembro conmemoráronse os vinte anos da caída do muro de Berlín, na miña navegación diaria por internet atopei un infográfico sobre o tema que me chamou a atención e que aproveito para compartir con todos os que nos visitades. A historia do muro de Berlín representada nun elaborado infográfico interactivo publicado na páxina web da televisión pública local vasca. Chamoume a atención polas complicadas escenas e por ser unha boa demostración dos límites que se poden alcanzar traballando con Flash.
Podedes ver esta infografía completa e outras máis no seguinte enlace:
http://www.eitb.com/infografias/
Tamén en La Vanguardia puidemos ver este outro infográfico estático, moi elaborado e que dende o meu punto de vista é un exemplo de aporte informativo e de utilización das novas ferramentas informáticas.
Ángeles Capeáns
