miércoles, 28 de octubre de 2009

Infografía no cine

“Debemos recordar que todas estas cosas, los detalles, las anomalías, las sutilezas que asumimos sólo como accesorios en nuestros días, están aquí, de hecho, por una causa mayor y más noble. Están aquí para salvar nuestras vidas”

E os detalles son os que cobran importancia neste filme. Estamos acostumados a ver gráficos nas películas, xa sexa nos créditos ou en localizacións temporais ou espaciais. Pero en Más extraño que la ficción, a infografía acompaña ó discurso narrativo aportando un aspecto visual innovador. Unha axuda importante a un guión que se move entre o cómico e o sabor amargo da realidade.

Os gráficos axúdannos a comprender a maniática e complicada mente do protagonista, unha persoa perfeccionista e illada no seu traballo de contable. A través das superposicións gráficas podemos ver o número de pasadas do cepillo de dentes, o número de nós da gravata, os pasos ó traballo ou a cantidade de xabón que queda nos baños públicos. Pero estes gráficos, desaparecen a medida que o protagonista se esquece das súas manías. Son ideas visuais que outorgan unha atmosfera diferente ó filme. Un recurso que pode gustar máis ou menos, pero que dende logo resulta innovador.

Malia estar amplamente recoñecido o traballo realizado no terreo do grafismo televisivo, a creación de gráficos para o cine sempre foi un proceso máis lento. Sen dúbida, estamos ante unha elección arriscada pero que neste caso encaixa perfectamente co argumento e coa filosofía da película.



Ángeles Capeáns Verde

No hay comentarios:

Publicar un comentario