viernes, 11 de diciembre de 2009

O DESEMPREGO EN ESPAÑA NOS ÚLTIMOS NOVE ANOS

A TAXA DO PARO

¿Lémbranse cando, xusto antes do ano 2.000, corrían rumores presaxiando a fin do mundo? E, de súbito, o reloxo do 31 de decembro chegaba ás doce, e pasabamos ó ano 2.000, e, se non numerásemos o tempo, para nós sería un ano máis. Pois ben, o que si foi bastante alarmante durante ese ano foi a taxa do paro en España, que alcanzaba unha porcentaxe realmente preocupante.





Con este gráfico pretendo mostra-la tendencia da taxa de desemprego, que se disparou no último ano considerablemente. Escollín un gráfico de barras porque me parece que é dos que mellor ilustran a diferenza entre os valores dun ano e os doutro, podendo a simple vista ver se nun ano é maior a taxa, e máis ou menos, a ollo, adiviñar se hai moita ou pouca diferenza entre as distintas porcentaxes.

Marta M.

6 comentarios:

  1. Habería que incluir os datos no gráfico. Facilita a comprensión das cifras.
    Habería que mencionar a fonte dos datos
    No eixo horizontal, xa non fai falta que poñamos anos. xa se entende.
    Habería que traballar un pouco os títulos, para que sexan directos e contundentes.
    Hai que dicir se os datos están en porcentaxe, en miles, en millóns, et.
    marotlo

    ResponderEliminar
  2. Aquí van 2 enderezos para que revisedes. Un deles é de Xaquín sobre un infográfico publicado en El País. Serve para ver o que non se debe facer.
    http://www.xocas.com/blog/?p=607
    http://www.axiis.org/examples/BrowserMarketShare.html
    Non esquezades subir os traballos da exposición e comentar a especialización e a infografía. Tamén Xaquín no seu blog ten algún traballo sobre este asunto. E ademais podedes deixarlle algún comentario.
    marotlo

    ResponderEliminar
  3. - Habería que refacer os infográficos para que vaian sendo os traballos finais. Hai que revisalos e resolver os problemas que se foron planteando.
    marotlo

    ResponderEliminar
  4. Segundo os meus datos, teño borradores de infográficos de:
    - Rocío, queixo, crise
    - Ángeles, queixo, crise, paro
    - Carolina, queixo, paro
    - Diana, queixo, paro, crise
    - Marta, queixo, paro, crise
    faltaría tamén o do xamón e o do canon
    Non hai reflexión sobre a especialización e a infografía, que xurde a partir da exposición sobre o tratamento da infografía e a fiebre A.
    Non hai refleión sobre o cartel do obradoiro de flash.
    Hai unha boa e interesante participación no voso blog, pero bótase en falta unha maior incidencia no resto das bitácoras.
    marotlo

    ResponderEliminar
  5. como xa sabedes, podedesvos preinscribir no taller de flash que comeza o 11 de xaneiro. So tendes que enviar un correo electrónico a sergotero2001@yahoo.es.
    marotlo

    ResponderEliminar
  6. Xaquín ten un traballo sobre a infografía e o 11 de marzo. Hai algunha cousa máis. Teríades que contextualizar algo sobre a información e a guerra, e as situacións de crise e peligro... ver cales son as características deste tipo de información en momentos de guerra ou de amenazas e ver se se complen tamén na infografía: en que contidos se fixa a infografía, crea ou alude ó medo, que tipo de fontes usas, cales son as imaxes coas que se visualizan ese tipo de momentos, con que fidelidade funcionan, cal é realmente a función, son datos de interese para o lector medio, en qué inciden os gráficos no espetáulo o no dato, que tipo de dato utiliza, cal é a súa fiabilidade...
    marotlo

    ResponderEliminar