jueves, 21 de enero de 2010

VALORACIÓN DA ASIGNATURA

Bótase en falta un marco teórico no que poder apoiar unha referencia á hora de facer os propios infográficos. Un marco que non só nos amose os infográficos de xornais estatais ou autonómicos senón tamén a infografía que se fai noutras partes do mundo. Un apoio académico baseado na experiencia profesional do titor e do seu traballo de cara a preparación das clases pode ser básico para fomentar unha conciencia crítica e un traballo máis participativo.

A miña valoración sobre as exposicións dos grupos son positivas e nese senso penso que a clase traballou moito. As bitácoras foron unha boa iniciativa pero para fomentar o debate coido que sería mellor utilizar outros soportes máis instantáneos. É certo que a participación non foi todo o activa que se esperaba pero tamén é certo que a falta de tempo adicado á bitácora pode verse repercutida na preparación dos traballos expositivos e na preparación dos infográficos. E máis se temos en conta un dos problemas principais cos que xogamos, a falta de tempo para aprender a traballar con programas como o Flash. Bótase de menos máis horas de docencia orientadas cara este programa. Tendo en conta a falta de experiencia para utilizar este programa, o tempo para facer os gráficos triplícase e os resultados son máis modestos do desexado. Pero a día de hoxe pódese afirmar que polo menos temos unha referencia do que é o programa, para que serve e que se pode facer con el.

Por isto todo, aínda que a carga lectiva poida parecer escasa, as estimacións do programa sobre o tempo de preparación da asignatura quédanse curtas. Máis aínda se a isto lle sumamos o tempo de preparación do exame teórico.

Ángeles Capeáns Verde

No hay comentarios:

Publicar un comentario