jueves, 21 de enero de 2010

A recta final como “infografistas” (Valoración da asignatura)

Cheguei á Infografía de casualidade. E de casualidade, nunca mellor dito, coñecín o FLASH. Cando pensamos en infografía, a maioría de nós, pensa neste programa. E é que foi o máis o complicado, enrebesado... o que máis dores de cabeza nos deu a nós e tamén a Fran.

Porén, en Infografía aprendimos moito máis que a manexar un programa informático. Profundizamos en Illustrator, en Photoshop; debatimos sobre a infografía na prensa, a interactividade; comprobamos como os infográficos son unha información completa por si sós, de que forma abordan grandes catóstrofes como o 11-S ou o 11-M; falamos cun infografista do The New York Times (Xaquín G)... o certo é que ¡si que fixemos cousas!

Todo ese dinamismo e esa variedade de actividades das que fomos participes durante estes meses en Infografía foi posible grazas ao método de ensino seguido. Este caracterizouse pola combinación das clases prácticas e expositivas. E todo iso apoiado polas bitácoras que cada grupo creamos e fomos actualizando dunha forma máis ou menos asidua. Este método permitiunos ós alumnos formar parte da asignatura, construíla, entendela dende dentro.

Porén, eu personalmente botei en falta máis clases prácticas, sobre todo dedicadas ao Flash. Considero que as explicacións foron moi rápidas, e moitas veces parecía que importaba máis avanzar e explicar máis e máis funcións do Flash que deixarnos a nós tempo tralas explicacións para repetir sen axuda o aprendido. A verdade é que a sensación era dunha saturación de información, e considero que iso non é efectivo.

A iniciativa de traballar nas bitácoras paréceme axeita pois fomenta o debate sobre os temas tratados na asignatura. A participación nelas non foi todo frutífera que houbéramos desexado, pero hai que ter en conta a falta de tempo, que neste curso ben a ser un lastre importante.

Así e todo, a sensación ao chegar ao final desta asignatura é a de ter aprendido moito, a de estar satisfeito porque o esforzo que realizamos ao longo destes catro meses deu o seu froito. Refírome con este esforzo, no meu caso, ao de enfrontarme a programas informáticos, cando hai anos, e despois dunha guerra sen vitorias, decidiramos firmar un acordo de non agresión, eles e máis eu.

Rocío Balsa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario