martes, 12 de enero de 2010

Definición de sensacionalismo proposta polo grupo


Á hora de analizar os distintos infográficos sobre os grandes atentados que sufriu o mundo occidental (11-S, 11-M, 7-J) chegamos á conclusión de que o sensacionalismo estaba presente na gran maioría. Neste senso, con sensacionalismo referímonos a que os medios de comunicación mercadean coa dor das persoas en situacións de catástrofe, aínda que dito mercadeo podería chegar a xustificarse en parte si con iso se aportara algún tipo de esclarecemento e formación que facilitara a prevención de futuras situacións similares. É así polo que as mediacións nas coberturas informativas de catástrofes non se caracterizan por aportar coñecementos (significados rigorosos do que está sucedendo) senón que máis ben aportan infraestrutura técnica para facilitar o acceso perceptivo e sensorial á realidade convulsionada de un gran número de xente que tele-experimenta o trastorno de maneira simultánea cos comentarios puntuais dos principais protagonistas.

1 comentario:

  1. Sería necesario, pero con tantos interese de todo tipo, buscar sempre un traballo informativo que non traspasara as fronteira da calidade. Difícil. onde está a fronteira da ética profesioal, da ética infomativa...
    deixo aquí 2 enderezos sobre sensacionalismo, ética e amarillismo. hai moitos, moitos máis:
    http://www.fnpi.org/uploads/media/ETICA_Y_SENSACIONALISMO_EN_EL_PERIODISMO_DIGITAL.pdf
    http://www.saladeprensa.org/art374.htm
    marotlo

    ResponderEliminar