miércoles, 10 de febrero de 2010

UN RESPIRO

Como estes días estamos todos un pouco saturados, ou polo menos, a parte que eu coñezo o está, e visto a tensión dos últimos posts, non vou entrar en comentarios de avaliación nin en cuestións técnicas, senón, simplemente, unha relaxación visual/mental para pensar no futuro. O futuro que pode que estea na INFOGRAFÍA, e, como sexa, nun futuro que non se ve tan lonxano.

http://www.youtube.com/watch?v=nq3EeZz-W3A

Porque as cousas que agora nos parecen lonxanas, adoitan chegar antes do que cremos.

Marta M.

jueves, 21 de enero de 2010

VALORACIÓN SOBRE LA ASIGNATURA

La infografía es una parte del periodismo que, en cierta medida, en España no está todo lo bien cuidada que debería. No obstante, a través de los trabajos prácticos –exposiciones-, así como reflexiones personales, conseguimos llegar a la esencia de lo que es esta arte gráfica. A esto, cabe sumar el esfuerzo personal que cada uno de nosotros hemos realizado por sacar adelante trabajos individuales sobre infografía, que en algunos momentos, pensábamos que no seríamos capaces. Por ello, destaco de la asignatura la voluntad personal de mis compañeros por mantener estas bitácoras en dinamismo, conectadas entre si, además de ser una herramienta útil para otras personas que no están en la asignatura.

Considero, además, que Le Chat Noir ha sido más que un blog personal del grupo, ya que nos hemos implicado en la asignatura a través de él, manteniéndolo actualizado. A partir de nuestras dudas e inquietudes, llegamos a blogs tan interesantes como el de Alberto Cairo, del que muchos de nosotros usamos información para nuestros trabajos de grupo.

Una de las partes más complicadas de la asignatura fue el flash, ya que, a pesar de los esfuerzos de Fran por hacer que aprendiésemos en un tiempo récord a realizar un infográfico interactivo, a la hora de realizar nuestros trabajos finales algunos tuvimos problemas de más.

Personalmente, todos los trabajos prácticos que hemos realizado han sido suficientes para incitarnos a aprender más sobre este ámbito, por lo que creo prescindible la realización de más pruebas docentes.



Carolina Chávez

A recta final como “infografistas” (Valoración da asignatura)

Cheguei á Infografía de casualidade. E de casualidade, nunca mellor dito, coñecín o FLASH. Cando pensamos en infografía, a maioría de nós, pensa neste programa. E é que foi o máis o complicado, enrebesado... o que máis dores de cabeza nos deu a nós e tamén a Fran.

Porén, en Infografía aprendimos moito máis que a manexar un programa informático. Profundizamos en Illustrator, en Photoshop; debatimos sobre a infografía na prensa, a interactividade; comprobamos como os infográficos son unha información completa por si sós, de que forma abordan grandes catóstrofes como o 11-S ou o 11-M; falamos cun infografista do The New York Times (Xaquín G)... o certo é que ¡si que fixemos cousas!

Todo ese dinamismo e esa variedade de actividades das que fomos participes durante estes meses en Infografía foi posible grazas ao método de ensino seguido. Este caracterizouse pola combinación das clases prácticas e expositivas. E todo iso apoiado polas bitácoras que cada grupo creamos e fomos actualizando dunha forma máis ou menos asidua. Este método permitiunos ós alumnos formar parte da asignatura, construíla, entendela dende dentro.

Porén, eu personalmente botei en falta máis clases prácticas, sobre todo dedicadas ao Flash. Considero que as explicacións foron moi rápidas, e moitas veces parecía que importaba máis avanzar e explicar máis e máis funcións do Flash que deixarnos a nós tempo tralas explicacións para repetir sen axuda o aprendido. A verdade é que a sensación era dunha saturación de información, e considero que iso non é efectivo.

A iniciativa de traballar nas bitácoras paréceme axeita pois fomenta o debate sobre os temas tratados na asignatura. A participación nelas non foi todo frutífera que houbéramos desexado, pero hai que ter en conta a falta de tempo, que neste curso ben a ser un lastre importante.

Así e todo, a sensación ao chegar ao final desta asignatura é a de ter aprendido moito, a de estar satisfeito porque o esforzo que realizamos ao longo destes catro meses deu o seu froito. Refírome con este esforzo, no meu caso, ao de enfrontarme a programas informáticos, cando hai anos, e despois dunha guerra sen vitorias, decidiramos firmar un acordo de non agresión, eles e máis eu.

Rocío Balsa.

O noso traballo sobre a exposición

No seguinte enlace podedes consultar o noso traballo sobre os infográficos dos atentados do 11-M, 11-S e 7-X

VALORACIÓN DA ASIGNATURA

Bótase en falta un marco teórico no que poder apoiar unha referencia á hora de facer os propios infográficos. Un marco que non só nos amose os infográficos de xornais estatais ou autonómicos senón tamén a infografía que se fai noutras partes do mundo. Un apoio académico baseado na experiencia profesional do titor e do seu traballo de cara a preparación das clases pode ser básico para fomentar unha conciencia crítica e un traballo máis participativo.

A miña valoración sobre as exposicións dos grupos son positivas e nese senso penso que a clase traballou moito. As bitácoras foron unha boa iniciativa pero para fomentar o debate coido que sería mellor utilizar outros soportes máis instantáneos. É certo que a participación non foi todo o activa que se esperaba pero tamén é certo que a falta de tempo adicado á bitácora pode verse repercutida na preparación dos traballos expositivos e na preparación dos infográficos. E máis se temos en conta un dos problemas principais cos que xogamos, a falta de tempo para aprender a traballar con programas como o Flash. Bótase de menos máis horas de docencia orientadas cara este programa. Tendo en conta a falta de experiencia para utilizar este programa, o tempo para facer os gráficos triplícase e os resultados son máis modestos do desexado. Pero a día de hoxe pódese afirmar que polo menos temos unha referencia do que é o programa, para que serve e que se pode facer con el.

Por isto todo, aínda que a carga lectiva poida parecer escasa, as estimacións do programa sobre o tempo de preparación da asignatura quédanse curtas. Máis aínda se a isto lle sumamos o tempo de preparación do exame teórico.

Ángeles Capeáns Verde

viernes, 15 de enero de 2010


http://www.nytimes.com/imagepages/2010/01/15/world/americas/15haitimap.html

Este é o infográfico de The New York Times sobre Haití. Paréceme interesante porque, sen ofrecer moitos datos, dános unha idea da distribución da poboación na zona máis afectada polo terremoto. É sinxela e o lector non precisa de moito esforzo para entendela.

DIANA MANDIÁ

miércoles, 13 de enero de 2010

Terremoto de Haití en El Mundo

http://www.elmundo.es/elmundo/2010/graficos/ene/s2/terremoto_haiti.html

Esta é a proposta de El Mundo, máis actual porque se centra no terremoto de onte.

DIANA MANDIÁ