Este gráfico, sen sabe-lo contexto ou explicacións adicionais, un lector medio non poderá entendelo coma alguén experto no tema.
O ideal nunha infografía sería que, para ser rigorosos, un especialista asesorara ou fixera o gráfico, pero sabendo os límites do coñecemento do receptor da mensaxe. O mais importante nunha infografia ou nunha información calqueira para que sexa considerada información é que sexa comprendida polo público ao que vai dirixido.
Esta infografia, ainda que o lector non saiba do tema, pode chegar a comprendela, gracias a uns graficos con aporte textual feito, probablemente, por xente asesorada na materia.
A situación máis recomendable, aproveitando as oportunidades da tecnoloxía e os avances que nos permiten as infografías interactivas, sería que houbera, para a mesma información, unha posibilidade de profundización por niveis segundo o interese e a capacidade de comprensión do lector.
Porque, como nos explica Xaquín González (http://www.xocas.com/ciencia.pdf), as infografías ben empregadas poden servir para entender mellor unha información,un dogma, unha teoría, pero outras veces poden facernos crer ilusións completamente erróneas.
Estamos dacordo no de que o imprescindible nun infográfico é que sexa comprensible para os destinatarios porque sen eso non tería sentido o traballo. Neste punto atopámonos co eterno dilema de que hai que dirixirse, polo xeral, a un público que non teña nin idea do tema para que se converta nalgo comprensible para todo tipo de audiencias.
ResponderEliminarA aposta da posibilidade de profundización sería moi interesante pero pouco viable nestes tempos onde se valora tanto o valor da rapidez.
Enaxenación Mental Transitoria
é verdade, en temas especializados é fundamental presentar un infográfico que achegue claridade ao tema. É importante saber chegar á xente non iniciada as claves da información que queremos transmitir porque, desgraciadamente, ás veces, os propios xornalistas non saben nin eles mesmos o que é importante e o que non. Ás vegadas, nin eles mesmos entenden as súas informacións.
ResponderEliminarDe acuerdo con Enaxenación Mental, profundización arriesgada en tiempos donde ser veloz y eficaz son términos que están a la orden del día, pero todo hay que decirlo, al igual que el profesor de autoescuela que controla la rotonda, en todos los ámbitos se deberái de exigir especialización para conseguir los mejores resultados.
ResponderEliminarDesde Defeitos visuais
Eu creo que a especialización si é precisa, pero sempre na súa xusta medida. Se, como ben dicides, chegamos ó extremo de ser incomprendidos polos nosos destinatarios... de que nos serbe?? Por iso debemos deternos antes de facer un infográfico,pois é complexo conxugar a profundización coa claridade e a concisión que se precisan neste caso
ResponderEliminar