O pasado 9 de novembro conmemoráronse os vinte anos da caída do muro de Berlín, na miña navegación diaria por internet atopei un infográfico sobre o tema que me chamou a atención e que aproveito para compartir con todos os que nos visitades. A historia do muro de Berlín representada nun elaborado infográfico interactivo publicado na páxina web da televisión pública local vasca. Chamoume a atención polas complicadas escenas e por ser unha boa demostración dos límites que se poden alcanzar traballando con Flash.
Podedes ver esta infografía completa e outras máis no seguinte enlace:
http://www.eitb.com/infografias/
Tamén en La Vanguardia puidemos ver este outro infográfico estático, moi elaborado e que dende o meu punto de vista é un exemplo de aporte informativo e de utilización das novas ferramentas informáticas.
Ángeles Capeáns
Hola Anke!!
ResponderEliminarInteresante entrada. La verdad es que hay personas que realmente son artistas en esta materia. Trabajar con Flash no es nada fácil (ya lo hemos comprobado) y más aún hacer infográficos en movimiento tan complicados.
Y por cierto, INCREIBLE el infográfico que publicó La Vanguardia! Por lo menos a mí me resultó bastante informativo.
LeChatPower.
Carol.
Xenial! a verdade é que é interesante como cada día máis os distintos temas, neste caso a caída do muro de Berlín, van incorporando máis infográficos!
ResponderEliminarRocío!
PD: LeChatPower, of course!
Ata o de agora nunca chegara a pensar na importante función dos infográficos e foi este blog o que o conseguiu. Tras ler as distintas entradas quedei abraiada da ardua labor que se esconde detrás de cada un, coa fin de resumir e informar da maneira máis clara e precisa. A partir de agora, xa non serán só os simples "debuxos" que me axudaban a entender a nova, senón algo máis, un auténtico ámbito de especialización, necesario e interesante, á vez que dificultuoso.
ResponderEliminarSonia Fernández