¿Lémbranse cando, xusto antes do ano 2.000, corrían rumores presaxiando a fin do mundo? E, de súbito, o reloxo do 31 de decembro chegaba ás doce, e pasabamos ó ano 2.000, e, se non numerásemos o tempo, para nós sería un ano máis. Pois ben, o que si foi bastante alarmante durante ese ano foi a taxa do paro en España, que alcanzaba unha porcentaxe realmente preocupante.
Con este gráfico pretendo mostra-la tendencia da taxa de desemprego, que se disparou no último ano considerablemente. Escollín un gráfico de barras porque me parece que é dos que mellor ilustran a diferenza entre os valores dun ano e os doutro, podendo a simple vista ver se nun ano é maior a taxa, e máis ou menos, a ollo, adiviñar se hai moita ou pouca diferenza entre as distintas porcentaxes.
Marta M.
Habería que incluir os datos no gráfico. Facilita a comprensión das cifras.
ResponderEliminarHabería que mencionar a fonte dos datos
No eixo horizontal, xa non fai falta que poñamos anos. xa se entende.
Habería que traballar un pouco os títulos, para que sexan directos e contundentes.
Hai que dicir se os datos están en porcentaxe, en miles, en millóns, et.
marotlo
Aquí van 2 enderezos para que revisedes. Un deles é de Xaquín sobre un infográfico publicado en El País. Serve para ver o que non se debe facer.
ResponderEliminarhttp://www.xocas.com/blog/?p=607
http://www.axiis.org/examples/BrowserMarketShare.html
Non esquezades subir os traballos da exposición e comentar a especialización e a infografía. Tamén Xaquín no seu blog ten algún traballo sobre este asunto. E ademais podedes deixarlle algún comentario.
marotlo
- Habería que refacer os infográficos para que vaian sendo os traballos finais. Hai que revisalos e resolver os problemas que se foron planteando.
ResponderEliminarmarotlo
Segundo os meus datos, teño borradores de infográficos de:
ResponderEliminar- Rocío, queixo, crise
- Ángeles, queixo, crise, paro
- Carolina, queixo, paro
- Diana, queixo, paro, crise
- Marta, queixo, paro, crise
faltaría tamén o do xamón e o do canon
Non hai reflexión sobre a especialización e a infografía, que xurde a partir da exposición sobre o tratamento da infografía e a fiebre A.
Non hai refleión sobre o cartel do obradoiro de flash.
Hai unha boa e interesante participación no voso blog, pero bótase en falta unha maior incidencia no resto das bitácoras.
marotlo
como xa sabedes, podedesvos preinscribir no taller de flash que comeza o 11 de xaneiro. So tendes que enviar un correo electrónico a sergotero2001@yahoo.es.
ResponderEliminarmarotlo
Xaquín ten un traballo sobre a infografía e o 11 de marzo. Hai algunha cousa máis. Teríades que contextualizar algo sobre a información e a guerra, e as situacións de crise e peligro... ver cales son as características deste tipo de información en momentos de guerra ou de amenazas e ver se se complen tamén na infografía: en que contidos se fixa a infografía, crea ou alude ó medo, que tipo de fontes usas, cales son as imaxes coas que se visualizan ese tipo de momentos, con que fidelidade funcionan, cal é realmente a función, son datos de interese para o lector medio, en qué inciden os gráficos no espetáulo o no dato, que tipo de dato utiliza, cal é a súa fiabilidade...
ResponderEliminarmarotlo