miércoles, 30 de diciembre de 2009
lunes, 28 de diciembre de 2009
miércoles, 23 de diciembre de 2009
O cartel do curso de Flash
A versión en cor é moito máis visual, sen embargo, a maioría dos carteis colgados na facultade son en branco e negro. Nesta versión engádese o horario e os días do curso, algo que moi importante que se obvia no cartel a cor. Aínda así deberíase utilizar algún recurso feito mediante flash para atraer á xente e que amosase o que se pode chegar a facer co programa e o curso. Neste senso, os fotogramas e as funcións que se poden ver de fondo falan xa un pouco sobre o que é cada taller.
Tamén sería unha boa opción, facer outro tipo de deseño para o flyer que se repartiu a man entre os alumnos da Facultade. Non é o mesmo un deseño para un cartel publicitario que o que busca é captar a atención do viandante mediante un deseño moi chamativo e cos datos básicos, que un deseño para un folleto. O flyer non debería ser unha copia do cartel, senón que debería achegar máis información sobre o temario e o nivel de coñecementos que se requiren para o curso. Incluso sería boa idea facer un díptico co fin de tratar de convencer ós interesados xa que o curso ten un prezo elevado para os universitarios. Ademais, estaría ben achegar unha páxina web sobre o curso ou ben a dirección da páxina nbek que pode servir para que os posibles alumnos poidan facerse unha idea dos resultados tralo curso.
viernes, 11 de diciembre de 2009
O DESEMPREGO EN ESPAÑA NOS ÚLTIMOS NOVE ANOS
¿Lémbranse cando, xusto antes do ano 2.000, corrían rumores presaxiando a fin do mundo? E, de súbito, o reloxo do 31 de decembro chegaba ás doce, e pasabamos ó ano 2.000, e, se non numerásemos o tempo, para nós sería un ano máis. Pois ben, o que si foi bastante alarmante durante ese ano foi a taxa do paro en España, que alcanzaba unha porcentaxe realmente preocupante.
Con este gráfico pretendo mostra-la tendencia da taxa de desemprego, que se disparou no último ano considerablemente. Escollín un gráfico de barras porque me parece que é dos que mellor ilustran a diferenza entre os valores dun ano e os doutro, podendo a simple vista ver se nun ano é maior a taxa, e máis ou menos, a ollo, adiviñar se hai moita ou pouca diferenza entre as distintas porcentaxes.
Marta M.